Nome da entidade ou empresa
CLUB DE PRENSA DE FERROL
TERCEIRO SECTOR
Entidade de ámbito cultural ligada aos medios de comunicación, dedicada ao pensamento, patrimonio e cultura desde a óptica e inquedanzas xornalísticas de Ferrolterra. Entre as súas actividades destacan as seguintes: edición anual do Caderno Ferrol Análisis, Revista Ferrol Análisis, Premio de Fotoxornalismo "Galicia en Foco"que realiza unha exposición itinerante por Galicia e algunhas cidades non galegas; Curso Universitario en colaboración coa UDC "Carlos Gurméndez" ; Premio Anual da liberdade de Prensa José Couso ( en colaboración co Colexio de Xornalistas ); Premio de Xornalismo "Luis Mera"; , Conversas no Parador( encontros xornalísticos con personaxes relavantes dos eidos da cultura, a soeidade ou a politica); celebración anual do Día da Ilustración; edición de libros sobre personaxes singulares de Ferrol, e presentación de libros relacionados coa divulgación xornalística, histórica ou social. Obtivo o Premio Galicia de Comunicación 2006 da Xunta de Galicia e a Insignia de Ouro Cidade de Ferrol en 2015